É unha aperta

da miña Rocha

o que necesito

 

 

Ver florecer

esa última

flor da primavera

na túa/miña illa

rexurdir da propia Terra

miña Rocha,

Como fixemos daquela

 

 

 

Acadar manternos de pé

Ti/eu son o teu andamio

Mentres me manteña/s viva

meu Poeta,

o teu verso será a miña Rocha

Como fixemos daquela

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Non me vai doer

se deixo o meu corpo

a mercede dos meus propios

e famentos corvos

 

Non agardo que deixen

peza viva de min

Non quero que se albisque

nin a máis mínima clemencia

co meu corpo humano

Só déixaos disfrutar da farta

 

De seguro que lles presta

a miña suculenta carne

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Michael Nyman axuda a pensar

Para comezar: Darlle a que comece a canción (abaixo na ventá do vídeo), escoitar uns segundos en silencio e comezar a ler moi pausada e docemente. Michael Nyman ayúdame a pensar.

Dirán dun vello poeta que fumaba pipa sentado no seu butacón aterciopelado enroupado nunha bata grosa e cómoda escoitando The Heart Asks Pleasure First de Michael Nyman todas as noites de todos os días da súa vida á mesma hora Cada bafarada de fume da combustión do tabaco de pipa  Dunhill My Mixture 965 nunha pipa Savinelli de madeira de torga unha nota menos no piano de cola moi probablemente un Petrov De cando en vez o vello desvía a súa vista da nada e mira cara a fiestra máis alá até onde alcance a súa vista cansada detrás dunhas gafas de pasta negra con cristais de 6 diotrías de miopía nin el mesmo recorda a marca xa Mais o vello recordaba a cor do ceo agora cuberto por unha capa de gases grises e negros Esvara unha bágoa pola face enrugada ata desaparecer O vello pecha os ollos e introduce a pipa de torga entre os seus beizos cubertos de mesta barba branca onde desapareceu a bágoa do ancián Michael Nyman axúdalle a pensar Mirar máis alá da fiestra obrígalle a arrepentirse de ter levantado a vista da nada A pipa cae da súa man peta no chan esparcindo o tabaco queimado na alfombra escarlata na que está situado o sofá aterciopelado que acolle tan docemente ao vello poeta Non está morto Só dormido Agardando a que o azul do ceo o volva espertar

Para Amilocha por facer soar esta canción hai uns días, xusto no momento que debía de ser.

2 Comentarios

Arquivado en Flores Versadas

6-7 Cafés ao día

“E logo vesme co conto de que ronco cando durmo. Non me creo que se oia a 384.000 kilómetros, miña Dona. Oxalá fora quen de durmir de verdade”

É por culpa da cafeína

[cafeína e non cocaína

ou polas altas doses de letra impresa en apuntes aborrecidos

incluso podo supoñer porque tomo té natural das teterías do Albaycín de Granada

[e sabe Dios o que ten eso, pero sábeme ben

ou non durmo porque soño

escoito campaiñas ao lonxe

é a Berenguela que me arroupa

[envexo moito ás miñas amizades que a ven dende o salón

voo a rente do chan

moi moi preto sen tocar

velocidade e axilidade

non tropezo con ningún marco de ningunha porta

e achégome á fiestra

Non salto porque me quedei a durmir…

1 comentario

Arquivado en Flores Versadas

62 anos da morte de Castelao

Deixar un comentario

Arquivado en Galiza

A min gústame andar descalzo pola area como a calquera persoa. Sentindo cada gran, sentindo cada diminuta partícula de mineral baixo os meus pés. Sentarme a ler, descansando, durmindo realmente. Como boto de menos todo isto. Como boto de menos escoitar un poema recitado da voz dun amigo. Como boto de menos.

Non pretendo que Rosalía sexa unha especie de Madonna morena, nin que Carlos Slim o deixe todo por ir vivir á unha illa perdida no pacífico onde só se teña a si mesmo, onde non faga falta carteira. Non esixo que os eucaliptos deixen de existir, nin que a auga do mar estea máis quente no verán. Non pretendo nin que se me lea a min.

Só quero vivir. Só quero. Só.

Deixar un comentario

Arquivado en Flores Versadas

Reunión de Blogueiros Cambadeses

Mañá, mércores 4 de Xaneiro, haberá unha reunión no hotel Os Pazos (detrás da Igrexa Parroquial) ás 20:00h, para todo aquel que teña un blog en Cambados.
Na reunión intercambiaremos pareceres sobre crear ou non unha asociación de blogueiros na nosa vila e sobre as posibeis actividades que poidamos realizar.

Fago un chamamento a todo aquel que teña web, blog ou demais familia, que se achegue até Os Pazos, xa que canta máis xente sexamos, máis amplitude de miras e máis diversidade de opinións podemos ter.

Deixar un comentario

Arquivado en Cambados

Lendo vellos poemas

“Lendo vellos poemas aprendín a retroceder cara adiante. Dato curioso para o meu esquemático cerebro”

Son versos transoceánicos
os que me aloumiñan nas túas mans morenas
son leves caricias
con furia con tequila e con sal

son estrelas na noite
son Biblias Paganas

[onde me recollo

son os teus versos, miña Musa de Sal
os que me fan verte sorrir
os que me fan verte rir da existencia

[da túa/nosa propia existencia

son os teus versos, miña Musa de Sal
son os que me fan bailar coa lúa menguante
son os que me fan esconderme nas reviravoltas do vento
son os que me fan beber e fumar
son os que me fan ser tan real coma min

[ti/nós/todo

Son os teus versos, oh Musa de Sal

A miña Musa de Sal

Deixar un comentario

Arquivado en Flores Versadas

Case me esquezo do que son eu mesmo

Hai anos comezaba un camiño na miña caótica cabeza. Descubrín que tiña profundidade na miña onda de ideas. Afondei. Case afogo, mais sempre manteño que a axuda dos meus peixiños é tan necesaria coma o osíxeno nas miñas branquias mamíferas. Intuitivamente me descompoño. E me volvo compoñer. Rompo, tiro, berro, caio, río, salto, corro, durmo, soño, bailo, canto, escribo, esperto, xogo, leo, choro… e esquematizo o meu máis profundo saber como unha excusa máis de saber quen son… saber quen son, soa demasiado ben para ser automático ou mesmo real. Pouca xente fará caso aos meus escritos, éme igual. Eu son quen de saber que escribo, eu e os meus peixes bastan. O que non quere dicir que na inmensidade do mar non me sinta só. Un acostúmase.

- Necesito rirme a escachar, xa non recordo que me moleste a mandíbula de tanto abrir a boca ao rir.

Tampouco me importa. Ou si. Ou non. Ou si. Se ao final ha de ser cousa miña e o mar afógame cara onde non teño que ir. Ou si. Ou non. Tanto me ten. Sempre me gustou a salinidade da auga… non sei porque razón agora lle teño medo.

A miña vida

3 Comentarios

Arquivado en Flores Versadas

Parabéns

Son os teus dedos
os que me elevan
máis alá da lúa
onde soa unha arpa
onde soa unha canción
cada nota unha bafarada de auga nova, limpa e relucente
doces e intuitivas notas que xogan ás agachadas no cráter máis achegado a min
a ti

dentro esvaras tentanto acoller un son da arpa no teu regazo
pícaras notas que non fican calmadas nin caladas
abanéanme a cabeza non respiro non sinto
máis sempre me queda o teu regazo
onde soa unha canción
onde soa unha arpa
máis alá da lúa
de min
de ti

Parabéns Musa Irracional

1 comentario

Arquivado en Flores Versadas