“Cando era neno gustábame crear as miñas fantasías, as miñas historias, os meus mundos. Cando sexa maior levareinos a cabo”
As gaivotas nas miñas orellas
Son cousas da vida
Beber as pingas de chuvia que caen das tellas
Son cousas da vida
Chuchar Chuchameles de calquera esquina de calquer camiño
Son cousas da vida
Loitar contra exércitos de monstros/árbore con multitude de armas/pau
Son cousas da vida
Sentarse no Sarrido coa marea baixa e ir metendo un a un os berberechos e as ameixas no peto do bañador
Son cousas da vida
Un retallo capa/túnica/rede de gladiador/turbante árabe/infinito
Son cousas da vida
Xogar ao de Sempre polas rúas de San Tomé
Son cousas da vida
Adormecer cunha das doces historias de Kalandraka na man
Son cousas da vida
A miña nova pulseira de coiro nos postos de San Benito
Son cousas da vida
Cama/Papá/Eu/Mamá
Son cousas da vida
Loitas eternas nos sofás do salón co meu inimigo/irmán
Son cousas da vida
Recitar enriba dunha cadeira:
“Adelina que é moi fina
foi xantar ao xardín.
Unha araña enorme e fea
saíulle polo camiño
e Adelina fuxiu correndiño”
Son cousas da miña vida













