Berro á razón

“Non temos nada máis apetitoso que a nosa propia lingua”

No corazón da patria
son máis verba
son máis berro

un aturuxo nos meus ollos
un anaco de carballo nos meus dedos

por unha lingua
que non é de ninguén máis que nosa…

os nosos corazóns soan a gaita
os latexos bailan
ao compás dunha muinheira

e a nosa lingua
contenta

agarda o rexurdir das fouces

agarda a volta ao trono do verso

podente puño
inmutábel son

agarda o levantamento das voces

Galiza somos nós!

Agarda sentada e vella, mais non agarda soa, namentres sigamos en pé seguirá sendo nosa.

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Berros dende o Alén, Galiza. Ligazón permanente.

7 Responses to Berro á razón

  1. Uff…SIN PALABRAS! Emocioneime tanto agora coma o domingo. Puxéchesme a pel de galiña… De verdade, sen palabras!

  2. Óscar di:

    Outro xeito (precioso) de reflectir o que pasou o domingo en Compostela, parabéns e sigue escribindo que o fas moi ben!

  3. teixopp di:

    Moitos coma ti fan falla para manter esta vella lingua! Noraboa

  4. Elvira di:

    Canto corazón en tan poucas palabras! Para min, que xa teño vivido unha chea de anos, é marabiilloso compartir emocións, principios e respeto coa xente nova que garante a existencia dunha cultura, dun pobo e dun país. Saber que o tempo non pasa en balde… Non pasou para os que xa non están, tampouco pasará para nós…

  5. Pingback: Cambados(tk) » Ramón Nogueira presenta o seu primeiro libro: Berros dende o alén

  6. Pingback: Cambados(tk) » Ramón Nogueira: “publicar o libro é un soño”

  7. Senhor Ramón Nogueira!! Non podo máis que dicir que para min é algo máis que un honor que te pases polo meu blog, que é polo momento espero, moi pequeno. Alégrome de que che gustase e eu, pola miña parte, estou lendo e relendo o teu coma quen atopa un oasis no medio do deserto…

    Grazas!

    🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s