Monthly Archives: Novembro 2009

O solpor do Paseo

Que importancia ten un paseo de setenta ou oitenta anos cando o único paseante es ti? Quen envexa unha doce torrada sobre as 11 da mañá nun bar? Quen non quere estender un pouco de jazz con suavidade a carón … Seguir lendo

Publicado en Poesía | 3 Comentarios

Berro cobizoso

“- Deixa de berrar!! -E lo? – Non escoito aos páxaros voar…” Oh bendita fraga cuberta de flores de miles de cores Oh espléndida paixón de ferver nunha cunca de leite Escóitame, oh xoven sentimento de orgullo intelectual ti que … Seguir lendo

Publicado en Poesía | 1 comentario

FINAL DA PROFUNDIDADE

“Quen posúe a inmensidade do mar?” Si azoutado polo vento o teu cabelo, non segue o meu son, réndome xa, non sei navegar doutro xeito. Fotografía de Gema Cores  

Publicado en Berros dende o Alén | 1 comentario

O Atractivo do Efémero

“Quero o meu nome cunha flor” Nunha ponte de unión entre o “si” e o “non” a hipótese de si é certo son verbas levadas polo ar simplificadas á máis ínfima das formas unha morboadicción unha enfermidade do vermello axitada … Seguir lendo

Publicado en Berros dende o Alén | 1 comentario

Almorzar intensidade

“Envexo que as estrelas non teñan vertixe” Neste mundo incompleto de saciedade de carne (de comer ao outro) acompaño as raiolas de sol no seu camiño agarimoso entre as polas abrindo fiestras e molestando nos ollos ás oito da mañá. … Seguir lendo

Publicado en Berros dende o Alén | 3 Comentarios

Na “Plasita”

“Voar coma os merlos brancos, doces e cálidos” Non quero que ninguén me escoite. Non quero que ninguén me oia. Eu só coa arpa na noite. Eu só co mar e coas ondas. Non quero que ninguén me escoite. Non … Seguir lendo

Publicado en Berros dende o Alén | 4 Comentarios

Poeta da Raza

“As pedras de Cambados seguen “versadas” de hai 50 anos” Un poema, canta hoxe a un xove recordo dun vello poeta. Escondidos en Fefiñáns os teus versos xogando na torre as túas rimas ollando á Ría a beleza octoxenaria atarefada … Seguir lendo

Publicado en Berros dende o Alén, Cambados | 1 comentario

Unha unión queda

“Fronte a vida imperfecta estamos destinados a poñer orde sobre as augas xeadas” Quen quixera saber o significado dun rechouchío de paxaro na primavera un “ata logo” apoucado e solitario unha cunca de sopa a mediados de decembro ou dun … Seguir lendo

Publicado en Berros dende o Alén | 2 Comentarios

Impertérrito

“Insinuando ás nubes que dunha pinga se pode crear un conto” Son o teu cabaleiro enfermizo dunha doenza que padezo ás miñas costas cóstame camiñar e gústame camiñar e por iso ando cego de ardor cobizando un asento no teu … Seguir lendo

Publicado en Berros dende o Alén | 1 comentario

Tronada de imaxinación

“- Que desexa? – Medio quilo de fantasía, por favor!” Sentado na praia escoito o doce son das ondas co seu vaivén Organizándome os pensamentos coa sinxeleza da vida Azoutando o meu cabelo Respirando o ar asolagado de sal anegándome … Seguir lendo

Publicado en Berros dende o Alén | 3 Comentarios