“Voar coma os merlos brancos, doces e cálidos”
Non quero que ninguén me escoite.
Non quero que ninguén me oia.
Eu só coa arpa na noite.
Eu só co mar e coas ondas.
Non quero que ninguén me escoite.
Non quero que ninguén me oia.
Só quero escoitar a lúa
e ver como voan as pombas
Non quero que ninguén me escoite.
Non quero que ninguén me oia.
Só quero falar cos peixes,
e mirar nas árbores as pólas.
Non quero que ninguén me escoite.
Non quero que ninguén me oia.
Xeitoso cantar de doncela.
Ditoso pracer que me acosa.
Non quero que ninguén me escoite.
Non quero que ninguén me oia.
Soíño mirando para o ceo,
sentido que ti si me escoitas.
Ola! Cheguei ó teu blog desde un evento de Tuenti, e só podo dicirche que todo o que lin nel é precioso, encántame a túa maneira de escribir, e tamén as túas fotografías! 🙂
Seguirei léndote! Un bico.
Encantoume!!
Encantoume !
Xa sabes que estou moi orgullosa de TI =D
encantame, e moi bonito.
bikos