Que importancia ten un paseo de setenta ou oitenta anos
cando o único paseante es ti?
Quen envexa unha doce torrada sobre as 11 da mañá nun bar?
Quen non quere estender un pouco de jazz
con suavidade a carón da manteiga?
Quen non quere achegarse sixiloso ás praias
e contar historias de sabores?
Quen non quere beber un vaso de auga
e lle saiba a fresa, sorrisos e regaliz?
Quen non quere camiñar descalzo pola pedra
e sentir nos pés miles de almofadas?
Quen non quere tombarse e mirar para as estrelas
mentres elas nos fan cóxegas polo corpo?
Quen non quere mil apertas dun amigo
e con elas mil horas máis de luz?
Quen non quere un reloxo de pulso
que sempre marque as doce?
Quen non quere uns anteollos
cos cales ver nas cores do Arco da Vella?
Quen non quere estar baixo a chuvia
se cada pinga falase un idioma?
Quen non quere berrar con todas as súas forzas
que é feliz, no solpor do paseo?
Páxinas
Actualidade
Fotografía
Moda e Beleza
Poesía
Varios
Artigos máis vistos
Top Clicks
- Ningún
BpL
Puntogal
Pingback: Cambados(tk) » Presentación do libro de Ramón Nogueira “Berros dende o alén” o vindeiro venres
Este poema namoroume.
Eu quero.