“Oxalá fose de cerámica, sensíbel, inimaxinábel, imposíbel, intocábel”.
Non.
Non queres chorar.
Non queres chorar.
Nos teus ollos un bico lonxano.
Non queres chorar.
Nos teus ollos, antigas e vellas cancións, tardías, esquecidas.
Non queres chorar.
Nos teus ollos só margaridas murchas.
Non quero que chores.
Os teus ollos, luceiros no solpor.
Os teus ollos, doces cereixas de sabor doce.
Os teus ollos, os meus ollos.
Non queres chorar.
Nos teus ollos un último pétalo de margarida.
Un último berro.
Un último adeus.
Non quero chorar.
Ola, son unha amiga de Abdón, fai tempo me recomendo o teu blog e en breves terei o teu libro 😀 nada.. dicirche que este texto en especial encántame. Un saúdo!
O máis emotivo que lin en moito tempo 🙂