Terra Eterna

“Escrito con ” Un Galicien Libre Á Paris” de fondo de Carlos Núñez”.

DIANTE da miña bandeira
de pé
ergueito collido da súa man.

Inspírame co teu vermello
(estrela afogada no río da saudade)
Inspírame co teu vermello
oh gaita, NAI.

Arredados da neve, pálida e fría.
Inspírame co teu vermello
pobo ancián, son solitario e vello.

Oh terra nai
non esquezas quen es!
Unha vella gaiteira
de versos e historias,
ancián e algareira…
recolle o pandeiro
e voa.

Oh Galiza, miña nai.
Un sentido esquecido de sal
levado polas pombas.
Un son esvaecido
devolto nas ondas.
Un mar solitario
único e azul,
de verde saiolo
e berro cru.

Escoitade meus irmáns!
Entre os meus beizos
aínda se escoitan
antigas cantigas
de trobadora morta.
Escoitade meus irmáns
o eterno son
que nunca afoga.

Versos en Bronce

A Galiza

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Galiza, Poesía. Ligazón permanente.

1 Response to Terra Eterna

  1. Mariquiña di:

    Outra que me encanta! 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s