Hoxe como non podería ser doutro xeito, subo esta entrada para darlle os PARABÉNS ao noso veciño e compatriota, o que tal día como hoxe, hai 134 anos naceu Ramón Cabanillas, poeta da Raza, e cambadés de pura cepa. As árbores, o vento, os paxaros, a lúa e o sol e o probe e fidalgo e soñador que tanto amabas seguen recitando os teus poemas cegos sen a túa presenza. Longa vida, vello poeta.
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día…
¡camiño longo
da miña vida !
Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras…
¡vereda torta, ti onde me levas!
Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas…
¡camiño longo da miña vida !
Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chouzas que dean pousada.
¡vereda fonda, ti cando acabas!
Ramón Cabanillas (3/VI/1876- 9/XI/1959)
Corto realizado por CHOURIZOFILMS dunha adaptación dun poema de Ramón Cabanillas, de título “A man segreda”.