Canto a unha Musa de sal

“…pídelle ó mar que manche de salitre os bancos desta cidade, que me atope e me ensine a atoparme, que me debuxe unha estela de Mar, que vaia máis alá do meu nome”

Xove musa dourada
creadora de verbas
de verbas prateadas e amigas do vento
e o vento, irmán escurridizo e asubiador, camiña con ela ata o infinito
déixase voar, déixase voar con ela
e sinte o osíxeno, o horizonte baixo os seus peitos
camiña descalza, cun rumbo fixo e cun canto namorador
as bágoas esváranlle pola face morena, lonxe quedan xa as verbas de sal
e voa cara o profundo da terra onde canta con forza
onde sinte as ondas, a area, o sal o regusto a mar baixo os seus pes descalzos.

Cántame musa morena
deixa en min mágoa ou un sorriso que esnaquice miradas
cántoche eu a ti, nome de maré
deixámonos eternos nos ecos do vento ao bater coas augas azuis.

Sabes a mar, sabemos a mar
e coa auga nas nosas mans
facemos da poesía o noso osíxeno
a nosa pluma con sabor a sal.

A Mariña Fernández Escariz

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Estas entrada foi publicada en Flores Versadas coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Canto a unha Musa de sal

  1. Este poema que aquí presentas lévame coma un hala-lo ferro a quen poucas e poucos coñecen non sendo algúns ca teñen visto tan preto que xa non están entre os mortais para contalo e outros que a escoitaron de lonxe entre os berros desgarrados dela cando creaba monstros mariños os mesmos que hoxe seguen a súa mesma dinastía mítica e mírana xunto ao seu esposo Neptuno.
    Ela chamarase sempre Anfítetre a personificación feminina da mar, unha oceanide, unha nereida que deu a luz a Tritón e é chamada polos poetas “metáfora da mar”.
    Raptouna o Deus cando estaba a bailar alí na illa de Naxos, seica non quería saber nada del e foise ao fondo do mar a vivir tendo que ir por ela un delfín que como agasallo eterno Neptuno converteuno nunha constelación chamada Dolphinus que aínda nos ilumina alí enriba no mesmo firmamento que nos mira tódalas noites sobresaltado co que desfacer “humano”.

    Así referíase Luís de Camôes na súa obra “Os Luísiadas “. 1572.

    No mais interno fundo das profundas
    Cavernas altas, onde o mar se esconde,
    Lá donde as ondas saem furibundas
    Quando ás iras do vento o mar responde,
    Neptuno mora e moram as jocundas
    Nereidas e outros Deuses do mar, onde
    As águas campo deixam ás cidades
    Que habitam estas húmidas Deidades.

    (Grazas por obsequiarnos con esta viaxe. Unha aperta fraternal e poética. Enrique Leirachá).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s