Es ese son
que recorda ás miñas pupilas o que é estar molladas
o que fai do meu corazón un axóuxere enlouquecido
o que me bica e me deixa un regusto pausado e doce na face
“Ai que soliña quedaches, María, María Soliña…”
Cántame musa do son verde!
“Lela, Lela, Leliña por quen eu morro…”
Deixame mecerme no vaivén das túas verbas, musicais e de espuma.
“E nem lhe digo aonde eu fui cantar
Sorrir, bailar, viver, sonhar contigo”
Cántame musa! Quero bailar xunto ao movemento da maré
e escoitar o teu son, eterno ata que se esvaeza no vento, comigo.
A Aurora Souto
Precioso é quedarme corta, pero tamén o é coa voz da musa. 🙂
Encantoume! ^^
Xa che comento mañán en persoa 🙂
Aurora, xa podes estar ben contenta!
Agora a miña voz quedou afogada pola emoción destes fermosos versos. Como quedei sen palabras, enviaríache unhas mans moi grandes para poderes apreixar todo o que ti mereces. Un bico moi forte.