Ansío infinidades de bolboretas baixo
as miñas verbas sen ás
que voen os meus desexos mortos!
Tiritan os meus cabelos ancorados
no meu cofre de pel e oso
que voen os meus desexos mortos!
Quero afogarme na doce poza
dos versos pulidos de nácara
que voen os meus desexos mortos!
Incesto de pluma e papel
doce monotonía a da tinta
creando camiños curvilíneos
nunha folla cuadriculada
que voen os meus desexos mortos!
Dormir azul nun espello cálido
agardando a que cese xa,
o ruído do: tic-tac
liberarme e voar xunto os meus desexos
correr polo aire e sentir as nubes na miña derme
canta, canta, cantade paxaros
que é a era da poesía.
QUE VOEN OS MEUS DESEXOS MORTOS!
Páxinas
Actualidade
Fotografía
Moda e Beleza
Poesía
Varios
Artigos máis vistos
Top Clicks
- Ningún
BpL
Puntogal
Deus, estou sin palabras. Precioso, grazas grazas grazas. “Ansío infinidade de bolboretas / baixo as miñas verbas sen ás.”, encántame. Fermoso é pouco. 🙂