Cinco paixóns son as que recordo daquel día azul e gris e verde e vermello.
Intres despois de ceder á Lúa
o Sol cantaba temeroso e feliz
de ser Sol e ser luz.
Cantáballe ao mar,
salouco de sal e auga
bailaban os peixes
con sentida alegría
os paxaros piaban
e voaban pausados.
Así chegou a Lúa
co seu andar de raiña
sentouse no trono
e comezou a escurecer.
O Sol triste e sen forza
esvarou polo ceo,
ata esconderse tras os montes.
Os paxaros calaron
os peixes dormían
e o Sol triste e sen luz
botou un sorriso apagado.
No máis fondo do seu astro vermello, sentía calor. E era Sol.
Ten moita musicalidade.