“Cáeme o pétalo anterior ao pensamento”
Logo duns días sen subir nada por iso da Festa do Albariño, subo hoxe e despidome durante uns 10-15 días, por motivo do camiño de Santiago e posterior recuperación do cansazo. Pero agardo encherme de inspiración e de forza para expulsar versos e desafogo do meu corpo. Unha aperta e GRAZAS.
___________________________________________________________________
Sei da vida
o mesmo que pode saber unha pinga de auga
da súa propia existencia.
Nada.
Recúa ao chegar ao mar
sabendo que será auga
máis nada.
Pero será mar
grande e poderoso.
Mentres, nós,
agochados nunha manta de pel e cabelo,
tentamos ouvir desexos no máis profundo
da nosa imperfección humana.
Unha xanela de cores brillantes
é o que preciso.
Unha porta a máis alá de min mesmo,
voltade a min Berros dende o Alén!
Ramón, un paso máis; xigantesco.
Seguesme sorprendendo, tanto neste como no outro lado do Atlantico.
Eu quero ser unha pinga de auga.