“Deixo que me comas ceo. Deixo que te alimentes de min.”
Volvín do Camiño cheo de inspiración e forzas. 7 días dende o Cebreiro a Compostela, alimentándome e respirando a Galiza poeta, a Galiza feita verso… e serviume de moito. Pouco a pouco irei escribindo poemas novos ou iso agardo, aínda que se é polas ganas fixo que o farei. Unha aperta e oxalá sigades disfrutando da miña humilde obra. GRAZAS.
_______________________________________________________________________
(Camiño a Compostela 2010.)
Eroticamente
cavilo nas miñas propias e núas cavilacións
de deus perdido na sombra.
Erótico é o pensamento
nas portas abertas
á miña/túa compaixón.
Sempre eroticamente
deixo fluir o meu astro
por entre os ríos
da miña incogruencia.
Astro interior que me levas
eroticamente a onda ti.
C’est la vie. Non plus.
Podedes visitar as miñas fotos do Camiño de Santiago en–> www.flickr.com/photos/ramonogueira/
Espero que toda esa inspiración destes días te permita deixarnos mostras como esta. Non tardes.
Benvido Ramón. Coas pilas cargadas aínda é mellor a inspiración.