Monthly Archives: Setembro 2010

Cantigas

Cantigas de cantareira para unha noite de verán follas caídas nos teus párpados de mel derrétome antes os ollos agochados nas miñas mans sen luz oscuras e sen forza para soster-me cantigas de cantareira.

Etiquetado , , | Deixar un comentario

GASEOSAMENTE

INSTINTO é o que son unha mestura de verbas desiguais un revolto de ideas e ilusións INSTINTO din os que son luces da mañá limpas e puras intensas e brillantes cal lúa de verán INSTINTO somos os que somos loitando … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | 2 Comentarios

Eterno

Déixome levar polas ondas, bater comigo as pedras, leves caricias de poeta frustrado camiñante sen rumbo cara un espello ateigado de reflexos dourados cun doce nome un saúdo nunha lingua estranxeira perpelexo me deixan liñas parelas contínuas e infinitas camiño … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Estaba a meniña dos rizos dourados gardada no peto do esquezo, ergueuse, esvarou o velo da súa cabeza, e comezou a voar.

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , | 1 comentario

Soños

Deixa que me atrape, que revolva o teu pelo coas miñas mans desexosas da túa carne. Faime tan teu coma o osíxeno nos pulmóns e provoca na miña face un vermello pueril, namentres os meus ollos só fitan nas túas … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , | 4 Comentarios