Eterno

Déixome levar polas ondas,
bater comigo as pedras,
leves caricias de poeta frustrado
camiñante sen rumbo cara
un espello ateigado de
reflexos dourados cun doce nome
un saúdo nunha lingua estranxeira
perpelexo me deixan
liñas parelas contínuas e infinitas
camiño cara elas
ata que se xunten
non me serven as matemáticas (inimigas da razón)
cos pes doridos de anos de camiño
e camiño coñecendo o límite
dos meus propios desexos
da miña meta natural
e fermoso final
e comezo á vez
a pensar no meu propio EU
unha liña grosa e fonda
cárcava inextacta e infinda
onde caio e me desintegro
en minúsculos anacos de espello
onde seguen brilando eses
reflexos dourados cun doce nome.
Chama por min e rómpeme
ata facerme cinsa
gris e escura
inexpugnable de ti.

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Estas entrada foi publicada en Flores Versadas coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s