Ínvadiume con azuis e amarelos
gamelas na auga e remos infinitos
aos meus ollos de neno.
Cantigas de serea vestida de vella galega
agardando a unha gaita
tirada na area branca.
Fai de min fume, son de sons,
sinto o calor de cada nota
que me fai cóxegas
nas plantas dos pés.
Guirnaldas de cores
colgadas do teu cabelo
en trenzas longas e loiras.
Serea galega durme comigo
cántame e dúrmeme.
na gamela amarela e azul
que deixa reflexos nas túas
bágoas de mar.
Páxinas
Actualidade
Fotografía
Moda e Beleza
Poesía
Varios
Artigos máis vistos
Top Clicks
- Ningún
BpL
Puntogal
¡Estás imparable!