Quílometros

Déixeme arrincarlle a pel Bela Dona
Déixeme arricarlle a pel
con dentes caninos e afiados
como navallas ardentes no corazón vermello.
Límitese a mirarme Bela Dona
que me pague a pena
abrir os ollos e palpar imaxinativamente
esas canicas mel.
Quilómetros de soños
nubes coxíns cómodos
a miña cabeza nas túas mans
de seda doce azucre salgado.
Déixeme analizar os seus beizos
cos meus beixos profundos
e cheos de recordos.
Déixeme Bela Dona
vivir contigo, en ti.

ZURETZAT

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Estas entrada foi publicada en Flores Versadas coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

1 Responses to Quílometros

  1. Cheres di:

    ¡Guaaauuu!

Deixar un comentario