Logo de varios días sen publicar e sen escribir nada, chego a conclusión de que me falta algo. É un peligro, xa que non sei que me falta. Hai tempo que non lle adico horas e horas a pensar e deixarme levar, isto da universidade rompe a miña rutina creativa, pero non hai outra…
“Intúo castelos de area na dimensión espazo-tempo do meu propio esquezo”
Deixo que as ondas me leven e me traian noticias
cubertas de espuma branca sal
esquecidos relatos contan
as ovelliñas mortas
a beira da praia
desconexión intuitiva
e o décimo día
na rocha desnuda
mollando os pés
déixome levar