En cada momento cavilo no tempo que me leva escoitar o murmurio dun paxaro
desgraciado de min cando ollo cara o ceo
e deixo caer pingas dos meus ollos
oxalá chovera
a carón de min o vento chora
forte
cada vez máis e máis
forte
sinxeleza mestra
que comeza a facerme tremer polas noites
espertándome dun xeito sinistro
a carón de min o vento chora
apoucado
cada vez máis e máis
apoucado
desamallóome da túa beleza infinda
da túa beleza de lúa
da túa poesía terratenente que me ordea
a carón de min o vento chora
melancólico
cada vez máis e máis
melancólico
intúo o renacer das flores nas nubes brancas
aledándo cada raio do sol
nos días bretemosos
a caron de min o vento xa non chora
sorrí
cada vez sorrí
máis e máis
escoitarei ao lonxe o murmurio do paxaro