Para comezar desexarvos un ano cheo de ilusión e desexos feitos realidade. Un ano de luz! Vento e mareas. Un ano de verdes e azuis! Bo 2011!
E agora deixo dous poemiñas:
1º
“Nacen árbores de berros e risas
historias contadas de raiz
e as apertas sentidas nas pólas
cómenme o tempo
e déixome ir”
Na posición horizontal
cabalgo no tempo, momentos
que na miña absurda mente manteño retidos
tesouros brillantes e máis valiosos ca min mesmo
eu traballo paseniño e lentamente camiñamos xuntos e rindo
contigo, comigo, con nós, navegamos máis alá das mareas
de gargalladas profundas, cal inmenso mar azul
coma o ceo, ao cal me propoño acadar
para deitarme, e rir canda vós.
Para NÓS (ehe)
___________________________________________________
2º
Quero
e contigo máis
ca voar entre as nubes, da túa man
do teu corzaón, fago un co meu
sutil metamorfose natural
mente prodixiosa
onde no índice do libro
rematas co meu marcapáxinas na túa man
dándolle un beixo
a min
e eu a ti.
Para ti mamá.
Feliz 2011!!!
🙂 Feliz 2011, espero que sexa tan bo como esta última etapa do 2010. Nada máis que decir. 😉