Baixo o pseudónimo escrito entre cabalgaduras salgadas
as verbas arcaicas
intúen as miñas transparencias deixándome nu
cru
vitela
nos parámetros tan remotos coma o tempo mesmo
deixas chover follas de papel en branco
unha no ombro
un asubío
outra
na meixela
un bico doce de verbas
outra máis
no cabelo negro
asulágasme vida!
Cando me lembro e me deixo
Cal triste e lonxano soño inalcanzable
e lentamente inaudible e solitario
cando me vou e me veño eu mesmo e a carón
dos teus versos
me deito e respiro aire puro
cal cantar de Musa
cal marea de sal…
(Dous tequilas por favor!)
A Mariña F. Escariz