Incribelmente canso, con fame e resentido dos aires de grandeza da miña nai choiva. Que me choves! Intúo prepotencia nas túas pingas frías pola miña face cálida, morna e morena, cando só me deixo caer nos abismos da miña inocencia pueril, cal gaivota rematada por un lóstrego pasaxeiro. Aquí si, alá non, aquí si. E sinto o trono. Dentro, moi dentro, e profundo, moi profundo, e triste, moi triste afogo por entre pedras e marés. Sube, baixa, sube, baixa.
Xa os peixes me tratan coma un igual…
Encántame. Pero sentín unha ráfaga de dor instantánea cando lin a primeira línea. Que alivio ó continuar!
Gústame o ritmo.
O dos peixes, xenial.