…e sen lugar a dúbidas, sen apenas coñecemento de causa
todos, nós, nos decatamos
AS ESTRELAS ESTÁN SOTERRADAS BAIXO A TERRA QUE SERES VILES E RUÍNS DISFRUTAN!
Onde está a beleza?
Cara onde se foi a poesía?
Deixemos correr a voz, que camiñe libre canda o vento!
Oh meu Deus alá ao lonxe! Oh meus versos!
A miña vida!
Onde se celebrou o pasamento dos meus soles?
Cara onde me dirixo eu?
Malditos os versos que me acollan
afogando no esterco de paixóns incontroladas
Des-feitos carne, insumiso a eles/min mesmo.
Cando sexa que queira o meu Deus ten a palabra.
A miña voz, canalizada.
Vento, estrelas, auga, sal! VALÉDEME
Non son quen de coñecer os sons
nin o tacto das estrelas…
Cara onde se dirixen todos, nós…?
Cara onde é que camiña o ser humano?
Cara onde camiña ese ser, rastreiro e canalla…?
SI, compañeiros…
Agochémonos entre os versos
e deixémonos ir…
Gústame todo pero ” a miña voz canalizada”, encántame.
Para ser ateo nomeas moito a Deus, ja, ja, ja