Entrevista a Marinha Costa.

Hoxe tráiovos unha entrevista. Xa que estudo xornalismo, creo que estaría ben que tivera un pequeno espazo en FLORES VERSADAS, aínda que seguirei a tope coa poesía, por suposto. Pois ben, esta entrevista fágolla a Marinha Costa, membro do grupo de teatro CARACOL, co motivo da próxima obra que se estreará no IES FRANCISCO ASOREY o día 4 de abril.

_________________________________________________________________

Ramón– Bos días, Marinha.

Marinha– Bos días, Ra.

R– Que é teatro Caracol (para quen non o saiba)?

M– Teatro Caracol é unha compañía de teatro non profesional, que está enfocada cara os rapaces, xeralmente dos colexios do Salnés que veñen a vernos de luns a venres durante dúas semanas.

R– Ben, durante canto traballades esas obras, durante canto as ensaiades, practicades e demais?

M– Xeralmente estamos tres meses antes de empezar a función, ensaiando dúas veces por semana, pero cando vai achegándose o día do estreno, comezamos a facer ensaios máis intensivos e empezamos a ensaiar todos os días da semana, dúas horas ou así.

R– E este ano con que nos sorprenderá teatro Caracol?

M– Pois a obra que se representa este ano chámase “Historia dun Chícharo”, pero coma sempre é unha obra adaptada, e ten sorpresas que non se poden desvelar. Pero xa sabedes, con vir xa está todo feito (risas)

R– Persoalmente estás contenta co traballo realizado nestes meses?

M– Persoalmente si, non me queixo. Pásoo moi ben nos ensaios, creo que é unha compañía que é moi dinámica, hai moi bo “rollo” entre a xente e está moi ben.

R– Para rematar, por que recomendas que vexamos a obra de Caracol deste ano?

M– Porque é unha obra na que botamos moito traballo e moito tempo ensaiando, que está feita para os rapaces, que está feita con cariño e que nosa vai a saír ben (risas) e onde o ides a pasar ben véndoa.

R– Moitísimas grazas por esta entrevista e agardo que todo vaia sobre rodas!

M– Grazas a ti.

_________________________________________________

Pois como dixo Marinha, de luns a venres os colexios do Salnés irán vendo esta obra dende o luns 4 de abril. Agora ben o domingo desa mesma semana, domingo 10 e o domingo 17, poderemos acudir todos aqueles que non sexamos alumnos de escola, xa que esa será a función onde calquera poderá asistir. As entradas están á venda en Sansatur, Chinelas e na Tinturaría Clareo, en Cambados.

E para finalizar facer unha mención especial a Olga González, directora da compañía Caracol, que ano tras ano nos sorprende cunha obra nova, que nunca nos deixa insatisfeitos. Mil grazas a Olga, a Marinha e a todos os membros de Caracol, por transportarnos á nosa infancia cada vez que se abre o telón.

183231_10150109509009687_839934686_6011754_1999054_n

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Cambados. Ligazón permanente.

1 Response to Entrevista a Marinha Costa.

  1. Lore :) di:

    jajaja qué genial! muy buena idea la entrevista 🙂
    conozco sus orígenes, pero no los revelaré aquí jajaja
    quiero ir a verla! a ver si por fin este año puedo
    un beso ra!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s