Monthly Archives: Maio 2011

pensamentos felinos

Son realidades as que se conservan na miña cabeza como gatos peludos e redondiños que miañan en cada recuncho do meu cráneo obsoleto polo racionamento das latas de carne de minino. O maior problema é despertarme érgueme cedo á mañá … Seguir lendo

Deixar un comentario

Decepcionado

Realmente non tenho ganas de escribir. Realmente non vexo isto como unha derrota. Realmente o que me decepciona, é máis, o que me desconcerta, é o feito de non ser capaz de comprender o que un Cambadés votante da dereita … Seguir lendo

Publicado en Galiza | 1 comentario

Chegan os días da Democracia Real

Estamos vivindo un espertar mundial. É un feito, dende o Estado Hespanhol estamos a vivir un comezo de cambio, que xa comezou a estenderse dun xeito internacional. Como dicía Castelao a nivel Galego “Galiza deixará de loitar pola liberdade cando … Seguir lendo

Publicado en Galiza | Deixar un comentario

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Namorado outra vez do amor que levo dentro a sede enfurecida dun futuro esgotou as miñas alternativas levándome dereito cara ó impacto: un proxectil conxelado no aire a poucos metros dun corazón frío e agardo o menor signo de calor … Seguir lendo

Publicado en Galiza, Poesía | Deixar un comentario

Homenaxe a Emilio Ínsua

Hoxe foi a Homenaxe a Emilio Xosé Ínsua no auditorio de Cambados. Actro organizado pola asociación de libreiros de Cambados, aos cales reitero os meus parabéns e as grazas por pensares en min para participar no acto. Recitei xunto ao … Seguir lendo

Publicado en Cambados | 1 comentario

22 de maio

Achéganse as eleccións, e dende FLORES VERSADAS non vou a centrarme dun xeito tan profundo como pode facelo Cambados.tk mais ao mellor si me animo a facer algún artigo referente á miña visión en canto á política de Cambados e … Seguir lendo

Publicado en Cambados | Deixar un comentario

Profetizarás a carón miña onde a soidade nos come a saba escorregará dos teus fríos dedos e cairei rendido na cama os berros alzaranse coma fogos e comezarán a medrar os montes profetizarás a carón miña no mesmo espazo en … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | 1 comentario

Bicos, chuvia, vías e vidro.

Hoxe indo no tren para Compostela, pasoume algo, canto menos curioso. No andén a canda min había unha parella de persoas entrada en anos xa. O vello subeu no mesmo vagón ca min e sentou a carón miña. Pura casualidade. … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | 1 comentario

Parón

Sintoo moito, pero creo que o blog vai ter un parón ata que teña algo que poder subir… De feito todo o que teño estouno gardando polo feito de que ten a mesma temática, e poder xuntar todos os poemas … Seguir lendo

Deixar un comentario