Hoxe foi a Homenaxe a Emilio Xosé Ínsua no auditorio de Cambados. Actro organizado pola asociación de libreiros de Cambados, aos cales reitero os meus parabéns e as grazas por pensares en min para participar no acto. Recitei xunto ao meu querido compañeiro poeta Xosé María Vila Ribadomar.
Persoalmente considero que foi un acto cargado de sentimento e poética, coa música de piano, zanfona, acordeon, saxo, verbas doces e boa poesía. Pero quero facer fincapé no feito final da homenaxe. A actuación de Xoán Silva, Blas e Xaquín Xesteira. Púxome a pel de galiña.
Cun pouco de sorte subirei “Acción Galega”, poema de Cabanillas musicado por eles… xea o sangue.
Remato cun poema de Ínsua dos que máis me gustan:
Cando estás triste
hai abismos entre a túa ollada
e as miñas palabras,
rúas enteiras de frío e auga
interpondo-se,
e perguntas apousadas
sen resposta
nas beiras da alma.
Emilio Xosé Ínsua (1995)
A min púxoseme a pel de galiña noutro momento, xa sabes ti ben cal.