Beizos na lúa

Busquei se puxen este poema por aquí xa e nunca cheguei a subilo ao blog. Leva escrito varios meses e merécese este espazo.

“Improvisando coplas para días escuros”

Non me deixo levar polo teu cauce
de sal
nin ti me deixas agradecerche
a túa/miña vida cun bico e un “ata logo”
complexamente me despido do desexo
do único e inesquecible desexo de terte nas miñas mans
de morderche se quero
de perderme contigo se quero
só e infinitamente
agardo o rexurdir dos meus propios versos
agardo a chegada dos días azuis e verdes
luminosos e fermosos coma a túa voz…
Agardo…
Itxaroten zaitut…

(Darlle un bico á lúa quédase curto)

Detalle flor xardíns de Lorca

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Flores Versadas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s