Diálogos

Gran diálogo cun poeta e amigo, cada un cavilando na súa musa, cada un coa súa meta, máis a arma, o verso, é o mesmo.

“Emborracharnos e chorar”

Samuel Ben:
O vaso xa se me facía pequeno.
Canto máis bebía, máis te sentía.
O alcol saía polos meus ollos,
en forma de bágoa.
As bágoas dunha noite na que
o propósito de olvidarte trouxo a túa presenza

Ramón Nogueira:
a presenza era tal
que o vaso se me volvía encher

S.B:
os xeos seguían aí,
xa non había paixón que os derretise

R.N:
nin beizos, nin luz
só graos e graos etílicos

S.B:
que se empeñan en destilarte

R.N:
ata facer de nós augardente
que queima máis adentro da gorxa

S.B:
un trago que di non me importa,
un ardor que me contradí

R.N:
unha queimadura que se asenta

S.B:
no vacío que leva o teu nome

(Ramón R. Nogueira e Samuel Ben)

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Poesía. Ligazón permanente.

5 Responses to Diálogos

  1. Cris Quinteiro di:

    :_) ENCÁNTAME

  2. Silvia di:

    Unha cervexa, por favor.

  3. Beatrore di:

    BRAVO! BRAVO! BRAVÍSIMO! A un dos poetas tenho a sorte de conhecelo, porfavor que alguén me presente ao outro…

  4. Beatore di:

    BRAVO! BRAVO! BRAVÍSIMO! A un dos poetas tenho a sorte de conhecelo, porfavor que alguén me presente ao outro…

  5. FranFra di:

    Unha tarde baleira que un poeta mariñán deu en encher coas verbas da Gallaecia. Dous n’As Dúas, e dous quintos, baleiros, e logo, a fumar outros dous. Pasiño a pasiño chego á casa e esbardallo diante da pantalla, son eu so ou somos dous? Samuel, respósteme á pregunta! XD Poetaaaaaaaaaaaaaa! Ramón, parabéns igualmente!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s