Grazas

Hoxe tráiovos un poema que me dedicou unha poeta amiga, da cal xa falei algunha que outra vez en FLORES VERSADAS, Silvia Fernández. Póñoo no meu blog (ademais por termo dedicado a min) polo feito que considero que é un poema moi bo. Persoalmente é un destes poemiñas que che deixan certo regustiño a doce e salgado na boca…

O poeta queda só por Silvia Fernández

Cando recitas poesía
algo sae do meu interior
un berro mudo, silandeiro
escóitate atento cavilando nos teus versos
non pode asimilar a perfección da túa voz
consúmese a si mesmo
volve a min e quéimame,
ardo.

O berro e eu desaparecemos pouco a pouco
e ti segues aí
recitando poesía.

A Ramón R. Nogueira

 

Só podo dicir, grazas.

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Esta entrada foi publicada en Cambados. Ligazón permanente.

1 Response to Grazas

  1. Silvia di:

    Xa che dixen que as grazas téñochas que dar eu a ti, por reactivarme poéticamente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s