Esta noite é demasiado negra. Tamén teño que dicilo, o caloriño do vento no verán sobre a miña pel morena é o suficiente como para poder confundir medo con pracer…”
Con isto veño a dicir, que en noites como a de hoxe non sei se espertarán os difuntos, nacerá o profeta, ou regresaron as musas a cantar e bailar arredor nosa, (sendo esto último o máis probábel) o que digo é que en noites como a de hoxe ocorre algo especial, que fai fluír os meus pensamentos e me depositan nunha praia inmensa de area branca e ceo branco. Son cando as conversacións derivan nestas cavilacións, nesta profundas realidades ao fin e ao cabo. Na miña vida, na dela, alén da liña que delimita a razón. Moito máis alá.
Silvia Fernández– Define a palabra pregunta.
Ramón R. Nogueira– Modo de chegar a comprender cada pequena ou ínfima parte de cada poro de pel estraño ou semellante a min, xusto como a semellanza do meu ser coas pingas estraviadas no mar. Estas noites, Silvia, deixanme coa cantiga detrás da orella “Din das fiestras grises que me acobillan na noite. Hoxe síntome coma o son dunha buguina dun barco”. E axítome no mar, e axítome no mar, co vaivén das ondas e do vento facéndome cóxegas no nariz…
Silvia Fernández– Estáse moi ben no mar a estas horas… non quero volver á terra, é tan estable…
A foto imaxinádea en branco, unha pequena idea da praia…
Encántame ver como unha noite se volve especial. Como a volvemos especial.
Gustame moito!!!
Esa playa me recuerda a la de Origen, buen lugar para perderse