Atopei un poema (ademais do do outro día) tirado pola casa. E pensei que porque non darlle o pracer de estar aquí.
Esa dose exacta do teu feitizo
meu verso,
necesito que me necesites
e facer do noso agarimo odas interminábeis,
infranqueábeis, odas muralla
onde as frechas dos arqueiros,
fuxan por entre os matorrais
e fiquen quedas, cavilando
na nosa poesía infinita e vermella.
A Ilargia