“…e non sei, nunca chego a ese “climax” no que unha morea de lendas, contos, e sentimentos percorren os meus adentros, e se chego a el non sei empregalo como é debido…” Adrián Padín
É impresionante como esmorecen as polas das árbores en outono. Medran as alfombras laranxas e marróns nos montes.
A cabalo do animal homónimo e homógrafo me sentiría, no hipotético caso de poder camiñar libre nesas alfombras que semellan tan mullidiñas e cómodas. Onde os meus pés me levarían a soños inconclusos que remataría soñando. Que me levarían a fontes de auga quente para poder xogar nelas. Que me levarían ao océano para volver a soñar. E encamiñarme eu, só eu. Cara onde eu mesmo queira ir, cara onde vaia.
“na miña cabeza so hay, letras, música e fume” Adrián Padín