S.F: …de quen se hai que esconder de noite?
R.R.N: …de quen non vexas á luz da lúa
bum!
segmentos
segmentos na noite
tenhen principio e fin
pero iso é o que da medo
medo ao non-infinito!
BUM!
S.F: BAAAM
explotou.
R.R.N: …intentos de cobixarse de noite na escuridade: moitos
Pero eles atópante sempre
pero recoñézolle que son inocente
e berro moi forte
a eles
a eles préstalle
e vanse
pero sempre rematan volvendo
S.F: …son astros con luz propia?
R.R.N:non sei se son astros ou non, o que sei e que cando me visitan ao fin e ao cabo síntome ben
S.F: …entón, son bós?
R.R.N:…non o sei
nin me importa tampouco
S.F: …e ti impórtaslle a eles?
R.R.N: tampouco o sei
e tampouco me importa