Non puiden publicar o artigo que quería o propio día, xa que estiven tirado por Compostela nos actos do Festigal e na manifestación do 25 e demais pero pégoo tal cual e saímos de problemas.
25 de xullo do 2011
O día de Galiza. Cando os carballos se poñen en loita e os merlos berran con nós. O noso día, o de todos os galegos e galegas. O día do noso país, da nosa lingua, da nosa cultura.
______
Din das vellas gaitas
o rumor dos vellos anos
pasados, mais presentes.
Co puño erguido
e o sangue fervente
alumean as candeas nas bandeiras.
Na infinita extensión albeira
un regueiro azul e estrelado
de vermella forza
camiña cara o seu propósito.
Darlle á nosa vella nai ese beixo ansiado, chamado LIBERDADE.
________
Galiza ceive.
Liga Estudantil Galega na manifestación do 25 de xullo do 2011.