Tremo. Tremo no fondo das augas, arremuiñándome cos peixiños arredor das pedras molladas polas bágoas dos que esquecen, dos que non queren ter nin ver. Tristuras naturais ao fin e ao cabo. Noites longas e escuras, noites vellas. Cando se admira a un xurelo por ser xurelo, iso é un pracer. Co sinxelo que é ser sinxelo. Cando se admira unha pinga por ser só unha pinga. Iso é. Naturalidade. Imperfección. Como gosto desa verba. Imperfección.
Páxinas
Actualidade
Fotografía
Moda e Beleza
Poesía
Varios
Artigos máis vistos
Top Clicks
- Ningún
BpL
Puntogal