Cavilo en pequenas doses
de chupitos de licor café moi moi frío
xantares extremos e doce apóstolos estraviados na miña cabeza
que me fan non pensar máis do debido.
Un, dous, tres, oito
dez, mil veces me escoito
e asubiamos lonxe, xusto cando eu queira
xusto onde eu queira.
Agárdote en adobo,
tumbado nun plato
listo para paparme.
Axeonllémos e recemos forte
cun pouco de sorte
e moita concentración
seremos capaces de voar
lonxe
xusto cando eu queira
xusto onde nós queiramos.
Xusto cando estabamos preparados
xusto cando despertamos!
porque todo foi un soño
o do camiño cheo de buratos
buratos que xa os pasamos
e deixaron
que nos encontraramos
Pola túa culpa teño ganas de churrasco.
Ahora por tu culpa tengo ganas de ir a un furancho! Adobo, licor café, mmmmmmm!!