Monthly Archives: Novembro 2011

Estes infra-momentos de ínfima felicidade acumulan raiolos vacíos da extensións das realidades infinitas e tormentosas azuis, amarelas, vermellas É o carisma necesario para espantar a acumulación de raiolos de felicidade É a alta tensión do existir humano.

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Oxalá voaran os cabaliños de madeira co seu balanceo Síntome como Alicia caíndo por un burato dunha árbore cara un abismo vermello. Estala de pronto unha estrela! E cheguei ao chan!

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Titulación de escravo

Tirotéasme cos teus petálos vermellos cando me anuncias a chuvia cos teus ollos. “Tento abrir a fiestra con moito tino non quero que os meus cabelos se enreden pola forza do vento” [pintando os beizos Sácudeme unha tiranía maior que … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | 1 comentario

…fasme cóxegas nos meus máis queridos órganos Descompóñome en tres mil millóns de pequenos anacos de cerámica Vértome polo parqué mollando as alfombras persas que me meceron de cativo Evapórome cruzando a lámpada de araña unha bombilla dúas bombillas . … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , | Deixar un comentario

É nefasta a capacidade do ser humano para comprender as situacións máis sinxelas. Que hai máis sinxelo que unha pinga de chuvia na pel da man. Esvara. Xoga. A unha beira. Xoga. Á outra. E Xoga. Disfruto cando me esvara … Seguir lendo

Publicado en Flores Versadas | Etiquetado , , , , | 1 comentario