É nefasta a capacidade do ser humano para comprender as situacións máis sinxelas. Que hai máis sinxelo que unha pinga de chuvia na pel da man. Esvara. Xoga. A unha beira. Xoga. Á outra. E Xoga.
Disfruto cando me esvara unha pinga de auga pola pálpebra. Bordeando o ollo até esvarar pola face morena.
Interesante sátira dunha bágoa salgada.
Quen di que a auga da chuvia é doce?
Cantos se atreveron a probala? Abrimos a boca. Axeonllámonos. Erguemos a cabeza e inclinámola cara atrás. Deixamos que a chuvia nos inunde o esófago. E logo volvemos á vida.
Esvara. Xoga. A unha beira da man. Xoga. Á outra.
QUE NON É TAN COMPLEXO!
mi piace tantissimo ra!!!!