Tirotéasme cos teus petálos vermellos
cando me anuncias a chuvia cos teus ollos.
“Tento abrir a fiestra con moito tino
non quero que os meus cabelos se enreden pola forza do vento”
[pintando os beizos
Sácudeme unha tiranía maior
que me traizoa e me emociona,
son escravo do teu osíxeno,
da túa apoteósica cabeza de gas.
Son os teus cravos os que me magoan.
“En realidade gústame que se enrenden
os meus cabelos coa forza do vento”
Gústanme a rabiar os dous primeiros versos.