Descoñezo o meu rostro no espello
Non son quen de recoñecerme
Só sei que existo fronte a min
e para min é suficiente
Fago malabares con navallas de dobre filo
e sempre remato por sangrar
aínda non me propoño recoñecer que é un erro
aínda non sei o que é errar
Nunca é tarde para recoñecerse nun espello
sempre que se manteña nunha soa peza
Se o cristal se esnaquiza
eu voume con el