CONCENTRACIÓN. Hai que lelo do xeito máis fondo que se poida:
TI E EU
É caótica a mente humana. Un 99% das persoas que leran ese TI E EU, foilles á cabeza unha parella de namorados ou algo en relación co amor, aínda que só foran milésimas de segundo, onde me inclúo. Pero no meu caso non vai en torno ao amor de parella. O meu TI é outra clase de TI.
Cando Andrea me propuxo esta tarde facer unha historia en tres palabras, estívenlle dando moitas voltas á cabeza até chegar a isto, TI E EU. TI E EU é unha historia infinita. Cadaquén sabe quen é o seu TI. Todos temos un TI. Os TI son infinitos, igual que os EU. TI E EU. Unha novela fabulosa.
Todo o mundo é quen de escribir unha historia en tres palabras.
Encántame. Tres palabras, miles de historias. Guai
Ramón, nunca deixarás de sorprenderme 🙂