Hai anos comezaba un camiño na miña caótica cabeza. Descubrín que tiña profundidade na miña onda de ideas. Afondei. Case afogo, mais sempre manteño que a axuda dos meus peixiños é tan necesaria coma o osíxeno nas miñas branquias mamíferas. Intuitivamente me descompoño. E me volvo compoñer. Rompo, tiro, berro, caio, río, salto, corro, durmo, soño, bailo, canto, escribo, esperto, xogo, leo, choro… e esquematizo o meu máis profundo saber como unha excusa máis de saber quen son… saber quen son, soa demasiado ben para ser automático ou mesmo real. Pouca xente fará caso aos meus escritos, éme igual. Eu son quen de saber que escribo, eu e os meus peixes bastan. O que non quere dicir que na inmensidade do mar non me sinta só. Un acostúmase.
– Necesito rirme a escachar, xa non recordo que me moleste a mandíbula de tanto abrir a boca ao rir.
Tampouco me importa. Ou si. Ou non. Ou si. Se ao final ha de ser cousa miña e o mar afógame cara onde non teño que ir. Ou si. Ou non. Tanto me ten. Sempre me gustou a salinidade da auga… non sei porque razón agora lle teño medo.
A miña vida
Algún si que fai caso aos teus escritos.
Unha aperta crack!
CAOS COMPLETO!
Ramòn..
xa me gostaria non solo poder ler os teus poemos sinon tamèn poder escoitar ò Autor lelos…
Unha aperta do teu curmàn que ainda non te conece dènde Hamburgo.