“E logo vesme co conto de que ronco cando durmo. Non me creo que se oia a 384.000 kilómetros, miña Dona. Oxalá fora quen de durmir de verdade”
É por culpa da cafeína
[cafeína e non cocaína
ou polas altas doses de letra impresa en apuntes aborrecidos
incluso podo supoñer porque tomo té natural das teterías do Albaycín de Granada
[e sabe Dios o que ten eso, pero sábeme ben
ou non durmo porque soño
escoito campaiñas ao lonxe
é a Berenguela que me arroupa
[envexo moito ás miñas amizades que a ven dende o salón
voo a rente do chan
moi moi preto sen tocar
velocidade e axilidade
non tropezo con ningún marco de ningunha porta
e achégome á fiestra
Non salto porque me quedei a durmir…
:’) ai Ramón! ai veces q nin que me preguntaras antes de escribir! sabes q adoro as tuas palabras, palabras que en ocasións fago miñas!
Eu tamén voo, pero non a vexo, escoitoa de lado…e sintome alí…