“Sinto excitación cando penso en tragarme toda canta auga hai no mar”
Detesto
Olla para o norte dende a mesma perspectiva ca min
ves algo? eu levo anos mirando e nunca vin nada
supoño que non haberá nada que ver tampouco
Retírome aos meus aposentos de cartón e teas
[caio no absurdo de ser quen non son
un anaco de historia entre os meus dentes animais
chea e cheos de sangue
os meus recordos retroactivos
as miñas ganas de ser máis ca min
dispensarme de min, para/comigo mesmo
e nunca deixar de loitar por volver sentir os mesmos arrepíos na miña pel
Supéraste!