Artigo da miña autoría sobre o lixo que se acumula na Torre de San Sadurniño, no meu barrio San Tomé do Mar:
Onte, 2 de marzo de 2012, estivemos pasando a tarde, uns amigos máis eu, nun lugar tan fermoso e máxico como é a nosa Torre de San Sadurniño. Pasamos una tarde tranquila disfrutando do son das ondas contra a rocha e do gustoso cheiro a mar.
Este case-perfecto serán podería chegar a desfacerse do “case” se non fora pola morea de merda que sempre hai, e perdón pola expresión, pero digo merda porque non sei como definir todo canto lixo hai tirado por toda a illa. Como non tiñamos plan para a este sábado, decidimos que porque non facer una quedada entre amigos e dedicarlle un par de horiñas a limpar a illa, xa que se agardamos a que o concello se decida a limpar, volvería xunto a miña Vella Amiga de Pedra nos anos da miña xubilación.