Son cousas da vida

“Cando era neno gustábame crear as miñas fantasías, as miñas historias, os meus mundos. Cando sexa maior levareinos a cabo”

As gaivotas nas miñas orellas

Son cousas da vida

Beber as pingas de chuvia que caen das tellas

Son cousas da vida

Chuchar Chuchameles de calquera esquina de calquer camiño

Son cousas da vida

Loitar contra exércitos de monstros/árbore con multitude de armas/pau

Son cousas da vida

Sentarse no Sarrido coa marea baixa e ir metendo un a un os berberechos e as ameixas no peto do bañador

Son cousas da vida

Un retallo capa/túnica/rede de gladiador/turbante árabe/infinito

Son cousas da vida

Xogar ao de Sempre polas rúas de San Tomé

Son cousas da vida

Adormecer cunha das doces historias de Kalandraka na man

Son cousas da vida

A miña nova pulseira de coiro nos postos de San Benito

Son cousas da vida

Cama/Papá/Eu/Mamá

Son cousas da vida

Loitas eternas nos sofás do salón co meu inimigo/irmán

Son cousas da vida

Recitar enriba dunha cadeira:
“Adelina que é moi fina
foi xantar ao xardín.
Unha araña enorme e fea
saíulle polo camiño
e Adelina fuxiu correndiño”

Son cousas da miña vida

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".
Estas entrada foi publicada en Cambados coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

5 Responses to Son cousas da vida

  1. A túa meiga di:

    É incríbel o momento de desconexión que acabo de desfrutar ao ler isto!
    Grazas meu rei das verbas.

  2. Cada vez sorprendesme máis. Moi bo. Pero… teu irmá sabe que el é o teu inimigo.jajajaja
    De verdade que cada vez sorprendesme máis. Eres todo un xenio.
    Unha apreta dende a ventá de enfrente a tua.

  3. Eu, túa nai di:

    Gústame o comenzo, ogallá esas fantasías sexan realidades.
    Os demais versos son recordos mutuos, en moitas ocasións acompañados de sorrisos.

  4. Montse di:

    Hola,
    Para min é un resumo da tua vida que eu coñezo e moi alegre me sinto por formar parte dela.

    Un bico

  5. paideleo di:

    Unha marabilla de poema-biografía !.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s