“Descompóñome nunha triste e doce simetría”
Non son digno de que entres na miña casa
pero unha verba túa bastará para manterme aceso
nos confíns da miña rocha
descompóñome no magma máis ardente
Derrétome polas empredradas rúas de Compostela
universos exemplo de boa iluminación, estrela supernova
18.000 millóns de masas solares en verso
pero non basta
nos confíns da miña rocha
remato a tarefa de ser descomposto
no magma máis ardente
Quero afogarme no mar
quero apagarme no mar
Quero que a rocha do meu intelecto me afunda
e xa abaixo
apagado
e coa cabeza repusada na confortable area do fondo
quero que a presión me faga estourar
NIN ROCHA, NIN NADA