Quero durmirme na lingua dunha balea
cruzar os océanos con Pinocchio facéndome compaña
esculpir azucenas de cuspe e migallas de plancto escollidas entres os dentes do animal
esculpir azucenas a cegas pola falta de luz na cabidade bucal da miña balea
que gozoso momento
síntome un Bernini no meu mundo Balea
aínda que o ceo sexa un padal